Disciplina urbanísitca.- Asesoramento en procedementos de reposición da legalidade e impugnación xudicial e administrativa de ordes de demolición, de execución, clausura de actividades, procedemento de declaración de ruína, multas coercitivas, caducidade de licenzas, expedientes do Aplu e costas.


Licenzas e autorizacións.- Asesoramos nos expedentes de obtención de lincenzas de edificación, primeira ocupación e actividade.

Expropiacións.- Asesoramos tanto en vía administrativa como na xudicial na formalización de actas previas de ocupación, elaboración de follas de aprezo e pasos a seguir, atacar resolucións do Xurado de expropiación e defensa da propiedade pivada fronte a inmisións ilexítimas e danos de obra pública.

Penal.- Asistencia xurídica para procedementos penais polos delictos contra a ordenación do territorio.

Xosé Antón Barreiro Pereira
– Gañador do prestixoso galardón xurídico «Premio Amando Losada 2003» polo traballo: A Lei de ordenación urbanística e de Protección do Medio Rural de Galicia: ¿acabarase o feísmo?.
– Gañador do Premio de investigación no apartado de Ciencias Sociais outorgado pola Diputación de Pontevedra polo traballo: O urbanismo como factor de integración social: especial referencia ao caso galego.
– Titor do Practicum externo durante o curso académico 2005-2006 na Facultade de dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
Metodoloxía de traballo
01.
Contacto
02.
Envío de documentación
03.
Estudo do asunto
04.
Resolución
Contacto
- Rúa do Vintecinco de Xullo 4, 15703 Santiago de Compostela
981 582 186
- Rúa Méndez Núñez 8, 36600 Vilagarcía de Arousa
986 186 248